Detalle del libro
titulo del libro

A TECNICA CONTABLE (GALLEGO) CFGM. DIVULGACIÓN GENERAL

LOPEZ CAMEAN

Editorial
PARANINFO
Tema
Administración/contabilidad/finanzas grado medio
Año edición
2016
ISBN
978-84-283-3832-5
Encuadernación
Rústica
Páginas
332
Idioma
Gallego
31,00 € Disponible 5 Días hábiles

Ver Índice

Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Técnica Contable, incluído no Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.

Ao longo de dez unidades aséntanse as bases da metodoloxía contable mediante o recoñecemento dos elementos que integran o patrimonio dunha organización económica, a súa clasificación en masas
patrimoniais, a aplicación do Convenio de cargo e aboamento e do Método da partida dobre, e a identificación do contido básico do Plan Xeral de Contabilidade de pequenas e medianas empresas que permitirán entender o mecanismo dos rexistros necesarios para a elaboración dos libros contables e a formulación das contas anuais.

Deseguido, apréndense a contabilizar as operacións de gastos e ingresos, as relativas ao inmobilizado, e as operacións financeiras que se levan a cabo na xestión empresarial, para finalmente proceder a realizar os axustes contables no peche do exercicio. Para rematar, preséntanse aplicacións informáticas específicas para a contabilización dos feitos contables, valorando a súa eficiencia na xestión do plan de contas.

Así mesmo, cada unidade inclúe numerosas actividades resoltas, exemplos, esquemas, táboas, figuras, cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades fi nais de comprobación, de aplicación, e de ampliación que de seguro contribuirán a acadar os obxectivos fixados ao inicio do estudo desta materia.

En definitiva, A técnica contable contribúe a que se adquiran de forma progresiva e continua as competencias necesarias para que o futuro técnico poida desenvolverse con éxito no mundo laboral.
O autor, licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor en activo no corpo de profesores técnicos de formación profesional con máis de dez anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos e de Formación para o Emprego da familia de Administración e Xestión.

Ademais, é especialista no emprego de aplicacións informáticas e no desenvolvemento das novas tecnoloxías orientadas á xestión empresarial.

Otros libros del autor

Otros compraron