Tiene en su cesta 0 Libros 0,00 €
Detalle del libro
titulo del libro

AGOSTO DE MEMORIA E MORTE

FERNÁNDEZ LEICEAGA, XOAQUÍN

Editorial
Año edición
2015
ISBN
978-84-9914-883-0
Encuadernación
Rústica
Páginas
344
Idioma
Castellano
22,50 € Consultar disponibilidad

Agosto, últimos anos do franquismo. Un promotor inmobiliario, ben relacionado cos notables locais, aparece morto. Un neófito policía deberá asumir a investigación. Corrupción? Conflitos empresariais? Asuntos familiares? En canto apareza outro corpo, as elites locais sentiranse ameazadas. As orixes dos acontecementos haberá que procuralas ben lonxe, na República ou na Guerra Civil, cando os que hoxe morren eran mozos e participaban nas teimas do seu tempo. Que sucedeu daquela para ameazar aos que teñen hoxe unha posición acomodada e unha vida cómoda, para os que a única preocupación é que o franquismo teña os días contados? O investigador deberá desenredar os cabos que o vendaval da historia confundiu sen saber canto de próxima está a chave. As feridas que non cauterizan dan sempre problemas e a ideoloxía pode manter aceso demasiado tempo o lume do resentimento. O pasado atrápanos, a memoria retorna... e mata.

Otros libros del autor

Otros compraron