Detalle del libro
titulo del libro

ANÍBAL OTERO. LINGÜISTICA E POLÍTICA EN ESPAÑA NA GUERRA CIVIL E NO FRANQUISMO

ALONSO MONTERO, XESÚS

Editorial
Año edición
2011
ISBN
978-84-9914-198-5
Encuadernación
Rústica
Páginas
416
Idioma
Castellano
25,95 € Disponible 5 Días hábiles

Este libro é a biografía de Aníbal Otero Álvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo. Tamén era un excelente e apaixonado coñecedor do romanceiro da tradición oral. Como fonetista foi, ademais dun pioneiro, un mestre.Pero o verán do 36 tronzou, en boa parte, a súa vida profesional cando o 5 de agosto, en Valença do Minho, foi detido, ilegalmente, pola Policía portuguesa, que o entregou, abouxado e inerme, ás autoridades militares de Tui, que, sen lexitimidade política, asumiron unha detención ilegal, unha especie de secuestro. Días antes, Aníbal Otero entrevistaba os "camponeses" do norte de Portugal como colaborador do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, el que, meses antes, investigara os cincuenta e tres puntos do mapa idiomático de Galicia. Logo vén o calvario dun infame proceso xudicial, a solicitude de pena de morte por parte do fiscal, unha longa condena e cinco anos de prisión en cinco cadeas distintas.Cando, nos anos cincuenta, Aníbal Otero volve á actividade lingüística, faino con dificultades, con limitación de medios científicos e con moi poucos azos. Aníbal Otero está dentro das coordenadas da lingüística española nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da posguerra, esquema no que tamén se moven os seus dous grandes mestres: Ramón Menéndez Pidal (nunha especie de exilio interior) e Tomás Navarro Tomás (no exilio exterior, ergueito sempre na belixerante dignidade de quen proclamaba que non "amnistiaba a Franco").

Otros libros del autor
CASTELAO NA UNIÓN SOVIÉTICA EN 1938

CASTELAO NA UNIÓN SOVIÉTICA EN 1938

ALONSO MONTERO, XESÚS

19,95 €
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

ALONSO MONTERO, XESÚS

19,95 €
 
PEDRO PETOUTO

PEDRO PETOUTO

ALONSO MONTERO, XESÚS

11,50 €
 
DICIONARIO DA NOVA LITERATURA GALEGA

DICIONARIO DA NOVA LITERATURA GALEGA

ALONSO MONTERO, XESÚS

17,95 €
 

Otros compraron