Tiene en su cesta 0 Libros 0,00 €
Detalle del libro
titulo del libro

BOLXEVIQUES 1917-2017

SANTIDRIÁN ARIAS, VÍCTOR MANUE / MENDEZ, ORIANA / GARRIDO COUCEIRO, XOÁN CARLOS / BERAMENDI, XUSTO / CARRIL, XOSÉ MANUEL / PARADA RODRÍGUEZ, JULIO / DIÉGUEZ

Editorial
Año edición
2016
ISBN
978-84-9121-136-5
Encuadernación
Rústica
Páginas
192
Idioma
Castellano
19,50 € Disponible 5 Días hábiles

En 2017 a Revolución Bolxevique fai cen anos. Boa parte dos acontecementos deste século pode interpretarse en relación ao impacto internacional deses ideais revolucionarios e á forma como se puxeron en práctica: aliñamento de países e guerra fría, competitividade entre o bloque socialista e o bloque capitalista, enfrontados no campo ideolóxico mais tamén no tecnolóxico e no militar. Paralelamente, producíase un conflito subterráneo que rompía as fronteiras xeográficas: filosofías disidentes introducían esa cerna ideolóxica en novas esferas do pensamento; contraofensivas, como as políticas do benestar, controlaban o avance do socialismo en países capitalistas; concepcións artísticas, símbolos e vangardas sociais deseñaban un novo mundo. Todo se viu alterado. Cen anos despois, a vella garda comunista aproveitará para reivindicar o legado transformador do bolxevismo; o pensamento ultra-liberal para expor á luz algúns episodios de violencia e opresión na súa cara máis escura. Este libro pretende ser a contribución galega para esa necesaria revisión; unha maneira de participar neste territorio da Galiza na voráxine, se non daqueles acontecementos, si da reflexión sobre o seu impacto histórico e ideolóxico. Bolxevismo e bolxevismo na Galiza.Xerais e Através ofrecen xuntas un único libro en dous volumes de contidos diferentes, coordinado por Teresa Moure, marcando unha vía de confluencia e de inspiración para a convivencia das tradicións políticas e ortográficas de quen defende neste país a vitalidade da nosa lingua e do ensaio escrito nela. Neste volume publicado por Xerais inclúense os traballos de Justo Beramendi, Xosé Manuel Carril, Oriana Méndez, Víctor Santidrián, Xoán Carlos Garrido, Julio Prada, Uxío-Breogán Diéguez, Francisco Rodríguez, Anxo Angueira, Antón Dobao, Natalia Poncela, Xosé Manuel Outeiriño e Rebeca Baceiredo.

Otros libros del autor

Otros compraron