Detalle del libro
titulo del libro

COMPETENCIA EN LINGUA GALEGA N3 (2.ª EDICIÓN). FCOVXX02

FRANCISCO DAVID PAZ LAFUENTE

Editorial
IDEASPROPIAS EDITORIAL, S.L.
Tema
Gallego
Año edición
2015
ISBN
978-84-9839-562-4
Encuadernación
Rústica
Páginas
88
Idioma
Castellano
20,35 € Disponible 5 Días hábiles

Obter unhas competencias plenas en lingua galega ten a ver con desenvolver aptitudes e actitudes que permitan alcanzar os hábitos e habilidades lingüísticas necesarios para o éxito dos procesos comunicativos aos que se deben enfrontar os utentes en todos os ámbitos da vida.

Este manual pretende garantir o éxito das situacións comunicativas do alumnado, fornecendo o marco teórico pertinente para, apoiándose na práctica, dar solución aos diferentes retos receptivos e produtivos inherentes a calquera contexto lingüístico.

Será, pois, necesario para iso, avanzar do concreto ao abstracto, identificando os diferentes rexistros da lingua, atendendo aos usos nos diferentes contextos, ao tipo de produción, así como recoñecer aqueles elementos que lle serven de apoio e contribúen para a superación con éxito das interaccións comunicativas.

Esta obra completa, que inclúe casos prácticos para facilitar a comprensión do contido e diversas actividades para a avaliación da súa aprendizaxe, resultará unha ferramenta imprescindíbel para identificar os trazos definitorios da lingua galega aplicados á comunicación oral e escrita da nosa realidade lingüística cotiá.

Ademais, trátase dun material didáctico de apoio que lle axudará a preparar as probas de competencia en lingua galega necesarias para acceder ás accións formativas.

Otros libros del autor
COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2 (2.ª EDICIÓN)

COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2 (2.ª EDICIÓN)

FRANCISCO DAVID PAZ LAFUENTE

20,35 €
 

Otros compraron