Tiene en su cesta 0 Libros 0,00 €
Detalle del libro
titulo del libro

NON HAI OUTRO CAMIÑO

XUBÍN, ISAAC

Editorial
Año edición
2016
ISBN
978-84-9121-096-2
Encuadernación
Rústica
Páginas
248
Idioma
Castellano
18,50 € Disponible 5 Días hábiles

A Radoslav non lle queda máis remedio que gorecerse da chuvia nunha vella taberna fronte á entrada principal do porto, cando unha intensa bátega de auga o sorprende á saída do traballo. Nevenka Teodosic, a contumaz profesora de linguas románicas que agarda a inminente saída do cárcere de Goran, contempla as luces de neon sobre as pozas de auga no asfalto da cidade durante a viaxe en autobús á casa. Aspasia comeza a afacerse ás consecuencias neurolóxicas da enfermidade e, malia a adversidade, non evita sentirse feliz, coma Anja, a moza que non sabe se quere ser poeta, mecánica ou bióloga."Non hai outro camiño" conta a historia de Staro Selo, unha urbe ao pé do mar na que os seus habitantes teiman, a forza de sobrevivir, por tecer unhas estrañas relacións que son as que, finalmente, acaban por dar carácter a unha cidade que semella querer pasar anónima a forza de autoridade, asfalto e chuvia.

Otros libros del autor
A CADENCIA DA FRACTURA

A CADENCIA DA FRACTURA

XUBÍN, ISAAC

13,50 €
 

Otros compraron