Detalle del libro
titulo del libro

O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

REI NÚÑEZ, LUÍS

Editorial
Año edición
2016
ISBN
978-84-9121-054-2
Encuadernación
Rústica
Páginas
320
Idioma
Castellano
19,50 € Disponible 5 Días hábiles

Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente artista. Dúas décadas despois, sendo xa sobre todo político e dirixindo a loita do galeguismo, o estoupido da guerra no verán de 1936 afástao de alí para sempre. Debe deixar atrás, canda recordos imborrables, o fillo que tivera que enterrar e o compañeiro Bóveda, fusilado ao pé dun piñeiro polos sublevados. A vida arrástrao daquela por metrópoles coma Nova York, Bos Aires, París e, de novo, Bos Aires. Son tempos que inclúen o seu paso por un ministerio sen carteira do Goberno da República no exilio e mais o reencontro casual con José Gómez Gayoso, o militante comunista ao que poderá recorrer cando a dor do fracaso o leve a facer un encargo que o desacouga: por que non vingar o martirio do seu mellor amigo da Pontevedra onde creron que os soños ían ser posibles? Do peso na alma dos homes da historia colectiva e das incertezas morais dunha petición difícil nace a historia con que Rei Núñez regresa á novela de non ficción. Un título que agranda o territorio conquistado polas letras galegas. Unha regalía para os lectores.

Otros libros del autor
CITA EN FISTERRA

CITA EN FISTERRA

REI NÚÑEZ, LUÍS

19,50 €
DÍAS QUE NON FORON

DÍAS QUE NON FORON

REI NÚÑEZ, LUÍS

19,50 €
 
RAFAEL DIESTE

RAFAEL DIESTE

REI NÚÑEZ, LUÍS

23,50 €
MATARÁN A REBOIRAS

MATARÁN A REBOIRAS

REI NÚÑEZ, LUÍS

23,95 €
 

Otros compraron