Tiene en su cesta 0 Libros 0,00 €
Detalle del libro
titulo del libro

O NEGOCIADOR

SANDE, MIGUEL

Editorial
Año edición
2022
ISBN
978-84-1110-111-0
Encuadernación
Rústica
Páginas
152
Idioma
Castellano
16,95 € Disponible 5 Días hábiles

Un feito histórico, o secuestro máis longo cometido por ETA no Estado español, é o punto de partida desta novela. As negociacións, que se desenvolven en Alxer, son narradas a través do excepcional testemuño do home que participou nas reunións en representación do Goberno.

As lembranzas e as sensacións daquel momento enchen todo o relato. As vidas das persoas implicadas no proceso de acordo, tamén da parte de ETA, convértense nun complexo labirinto con diferentes saídas e historias colaterais que afectan incluso a xeracións posteriores.

En «O negociador», finalista do Premio Xerais de Novela 2021, técese unha proposta documentada e suxestiva na que se entrelazan emocións intensas e contextos políticos que intentan explicar as consecuencias persoais daquel acontecemento. Un reto narrativo de altura que non deixa de sorprender ata o final.

Otros libros del autor
BRINDE E DESESPERO

BRINDE E DESESPERO

SANDE, MIGUEL

12,95 €
 

Otros compraron