Tiene en su cesta 0 Libros 0,00 €
Detalle del libro
titulo del libro

OS SERES QUERIDOS

DÁVILA, BERTA

Editorial
Año edición
2022
ISBN
978-84-1110-030-4
Encuadernación
Rústica
Páginas
136
Idioma
Castellano
16,95 € Disponible 5 Días hábiles

Un autorretrato incómodo que afonda nas arestas controvertidas da maternidade. Obra gañadora da XXXVIII edición do Premio Xerais de Novela 2021.

Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradora fálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, pero tamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome.Berta Dávila configura en «Os seres queridos», Premio Xerais de Novela 2021, un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal, unha historia que afonda nas arestas controvertidas da maternidade e confronta o relato edulcorado. Pero, por enriba de todo, a autora constrúe unha novela sobre os vínculos que nos atrapan e nos sosteñen, sobre se iso que somos é tamén o que queremos ser.

Otros libros del autor
RAÍZ DA FENDA

RAÍZ DA FENDA

DÁVILA, BERTA

15,50 €
UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR

UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR

DÁVILA, BERTA

12,95 €
 
DEMETRIO DEMOSCOPIO PERDEU A CHISPA

DEMETRIO DEMOSCOPIO PERDEU A CHISPA

DÁVILA, BERTA

11,95 €
 
Otros compraron