Detalle del libro
titulo del libro

RAMÓN CABANILLAS, CAMBADOS E O MAR DA AROUSA

FERNÁNDEZ REI, FRANCISCO

Editorial
Tema
Medio ambiente
Año edición
2015
ISBN
978-84-9914-900-4
Encuadernación
Rústica
Páginas
368
Idioma
Gallego
27,50 € Disponible 5 Días hábiles

Ramón Cabanillas, o «poeta arelado», é o centro de case todos os textos deste libro do profesor Francisco Fernández Rei (21 éditos e 9 inéditos) sobre a memoria de Cambados e, particularmente, a súa cultura mariñeira; sobre a entrega xenerosa do autor de "Vento mareiro" á dignificación de Galicia e á construción do galego literario, e sobre a presenza do mar da Arousa na súa obra e na doutros escritores, mesmo da Galicia interior, o que fai que ese mar sexa o de maior presenza na literatura galega moderna.

Os textos, redactados entre 1999 e 2014 (agás dous do 1977), agrúpanse en cinco apartados: I) a memoria e as paisaxes de Cambados, II) notas biográficas e literarias de Cabanillas, III) a fala de Fefiñáns e a lingua literaria do escritor cambadés, IV) o mar en Cabanillas e o literario mar da Arousa, V) reivindicación e valorización de Ramón Cabanillas, símbolo do movemento agrarista e poeta das Irmandades da Fala, que no «inverno» franquista mantivo o compromiso co idioma e que nos anos cincuenta se embarcou na resistencia cultural do galeguismo.

Otros libros del autor

Otros compraron