Tiene en su cesta 0 Libros 0,00 €
Detalle del libro
titulo del libro

SOMNÁMBULOS

DE TORO, SUSO

Editorial
Año edición
2014
ISBN
978-84-9914-757-4
Encuadernación
Rústica
Páginas
104
Idioma
Castellano
16,95 € Consultar disponibilidad

Somnámbulos reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos tratan do que trata a literatura, da memoria, é dicir do pasado. A escrita literaria adoita ser como guindar un balde ao pozo que un leva dentro. Non se acostuma contar mais o traballo de escribir ficción é ir cavando nun pozo dentro de un, conforme se descende a auga vai saíndo máis fría. O caso deste libro é outro, nace arredor dun texto, "Negocios de familia", que hai uns anos tirei fóra do pozo e que logo deitei de volta para o fondo pretendendo esquecelo. Durante anos chegábame algunha voz desde aquel burato máis as urxencias da vida diaria permitíronme non lles facer caso, até que as voces se foron facendo máis claras e fortes e tiven que procurar un oco nos meus días para voltar sentarme a escribir ao ditado desas voces. Ás veces ocorren cousas así. O segundo, "Conversando coa auga", é un texto que naceu dun encargo da "Fundación Agbar", que me propuxo escribir un texto sobre "a auga desbordada". O terceiro, "Insomne" naceu de recibir os chicotazos da historia nas costas propias. O orixinal foi escrito como texto para magnetófono e como tal foi escoitado por primeira e única vez na "Sala Galán" de Santiago. Retomeino e corrixino, separándoo un pouco máis das circunstancias históricas que vivía naquel momento. Seguramente a persoas que o lean hoxe, ese ser terríbel lles resulte estraño e lonxano, hoxe o terríbel fíxose invisíbel, noutros tempos os monstros tiñan figura. (Da nota do autor).

Otros libros del autor
POLAROID

POLAROID

DE TORO, SUSO

17,95 €
FÓRA DE SI

FÓRA DE SI

DE TORO, SUSO

17,95 €
 
INMATERIAIS

INMATERIAIS

DE TORO, SUSO

19,50 €
DENTRO DA LITERATURA

DENTRO DA LITERATURA

DE TORO, SUSO

16,95 €
 
CONTA SALDADA

CONTA SALDADA

DE TORO, SUSO

12,95 €
 

Otros compraron