Suscríbete a nuestro boletín de novedades y recíbelo en tu email.
Competencia galego N3. Lograr un bo nivel no uso dunha lingua require esforzo e traballo. Adquirir unha lingua diferente á materna pode ser sinxelo xa que, simplemente coa imitación, somos capaces de comunicarnos. Sen embargo, a linguaxe e o seu emprego van moito máis alá.
Na linguaxe oral axuda a imitación, pero tamén é necesario adquirir coñecementos sobre aspectos que non se aprenden copiando, como por exemplo as normas de interacción ou os rexistros ós que se debe aplicar unha mensaxe.
Por outro lado, a lingua escrita require dun aprendizaxe máis profundo que implica máis traballo, xa que non é o mesmo escribir un Whatsapp que elaborar un texto a partires dunha noticia e que, posteriormente, exporás diante dun público.
Neste manual vas aprender a realizar exposicións orais, coa súa planificación previa, e vas a adquirir os coñecementos necesarios para poder intervir en calquera situación comunicativa, non importa cal sexa o rexistro, porque tamén os estudarás. Ademais, e en referencia á lingua escrita, analizarás textos que empregas na túa vida cotiá (como pode ser o teu currículo) ou textos que terás que redactar (por exemplo, un texto expositivo). Neste caso, aprenderemos tamén que é a cohesión e cales son os sistemas empregados para que os teus textos sexan cohesionados e coherentes.
Finalmente, tamén aprenderás como moverte nunha biblioteca e na ampla rede de Internet para cando precises realizar una procura de información para documentarte sobre o que estás a escribir.
Comezamos!