Detalle del libro
titulo del libro

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA I. DAS ORIXES A 1853

PENA, XOSÉ RAMÓN

Editorial
Año edición
2013
ISBN
978-84-9914-551-8
Encuadernación
Rústica
Páginas
440
Idioma
Castellano
28,50 € Disponible 5 Días hábiles

Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra, preténdese configurar un relato coherente e eficaz da produción literaria de noso dende a Idade Media até a actualidade da man de Xosé Ramón Pena, un autor de indubidable prestixio no eido da historia da literatura e en permanente diálogo crítico coas diferentes perspectivas da análise investigadora. Entender os textos literarios como un proceso artístico e comunicativo e, en consecuencia, analizar aqueles recursos retóricos dos que se serviron os seus creadores; comprender a literatura como unha herdanza e examinar as circunstancias sociais e políticas que rodean o nacemento, desenvolvemento e recepción das obras; considerar a propia traxectoria das creacións literarias en relación co devir da ferramenta lingüística que lles dá soporte: velaí a arela que guía as páxinas deste primeiro volume da Historia da Literatura Galega. Un tomo, Das orixes a 1853, dedicado ao longo período que vai desde o medievo, coa brillante etapa dos trobadores, pasando polo tempo dos denominados Séculos Escuros, para finalizar no ano de publicación d'A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos, nos inicios do Rexurdimento.

Otros libros del autor
HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV

PENA, XOSÉ RAMÓN

26,95 €
HISTORIA DA LITERATURA GALEGA II

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA II

PENA, XOSÉ RAMÓN

28,50 €
 
HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III

PENA, XOSÉ RAMÓN

28,50 €
COMO EN ALXERIA

COMO EN ALXERIA

PENA, XOSÉ RAMÓN

19,50 €
 
TODAS AS VIDAS

TODAS AS VIDAS

PENA, XOSÉ RAMÓN

22,50 €
 

Otros compraron