Detalle del libro
titulo del libro

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III. DE 1916 A 1936

PENA, XOSÉ RAMÓN

Editorial
Año edición
2016
ISBN
978-84-9121-107-5
Encuadernación
Rústica
Páginas
520
Idioma
Castellano
28,50 € Disponible 5 Días hábiles

Continuando o relato iniciado polo primeiro volume -Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)- e polo segundo -Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (Xerais 2014)-, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva da etapa vivida polas letras galegas entre 1916 -data da fundación das Irmandades da Fala- e xullo de 1936 -momento en que deu inicio a Guerra Civil española-. Unha xeira que ben merece o cualificativo de «anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunha literatura galega que acada a súa plena madurez, en directa converxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unha afinidade que a obra escrita no idioma de noso -a pesar dos magníficos relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalía de Castro- non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismo trobadoresco.Comprender os textos literarios producidos nese período como parte integrante -en interacción continua- da mobilización galeguista/nacionalista; consideralos, xa que logo, na súa dimensión sociocultural e sociopolítica; indagar neles a preocupación, por parte dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional; abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e na súa proxección horizontal, configuran outros tantos piares que alicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nas que Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario, mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeira dimensión das especies que o compoñen.

Otros libros del autor
HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV

PENA, XOSÉ RAMÓN

26,95 €
HISTORIA DA LITERATURA GALEGA I

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA I

PENA, XOSÉ RAMÓN

28,50 €
 
HISTORIA DA LITERATURA GALEGA II

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA II

PENA, XOSÉ RAMÓN

28,50 €
COMO EN ALXERIA

COMO EN ALXERIA

PENA, XOSÉ RAMÓN

19,50 €
 
TODAS AS VIDAS

TODAS AS VIDAS

PENA, XOSÉ RAMÓN

22,50 €
 

Otros compraron